Maña mércores a partires das 14:00 horas, dende os vivairenses Xardíns de Noriega, botará a rodar a edición de 2008 da Volta Ciclista a Galicia – Camiños Xacobeos, nunha tirada que unirá a localidade costeira de Viveiro con Sarria nun percorrido de 148 kilometros destacando como puntos mais salientables do percorrido os altos de A Gañidoira (2ª), Valonga (3ª) e o Alto de Baqueriza de 2ª categoría situado a tan só 35 kilómetros dunha meta que estará situada na Avda. Calvo Sotelo de Sarria.



A Volta comezou os seus actos previos coa presentación de equipos que tivo lugar na praza maior de Viveiro e onde un por un foron pasando os 105 ciclistas que repartidos en 15 escuadras, loitarán por suceder o vencedor dos dous últimos anos, o ciclista de Puertollano, Oscar Laguna.

Os equipos elexidos pola organización para tinguir de cor as estradas galegas, nesta nova edición da volta, son o galegos do Luís Ocaña-Cymasa, Cambre-Frisonoble, Cidade de Lugo-Muralla, Spol-Caixanova, Supermercados Froiz e Vigues-Chint ademais dos equipos nacionais do Camargo-Roper, Urnieta-Biyok, Ciudad de Oviedo-Tartiere Auto, Naturgas Energia e os extranxeiros portugueses do Sta. Mª da Feira-E Leclerq, LA Trevomare, Tavira-Palmeiras Resort, Maia e o norteamericano do Johan Bruyneel Cycling Center.

O resto das tiradas da volta son:

2ª etapa Sarria – Ourense de 143 kms

3ª etapa Ourense – Moaña de 132 kms

4ª etapa Cangas – Santa Comba de 131 kms

5ª etapa Vilalba – Viveiro de 128 kms

www.fgalegociclismo.es



Misschien ook interessant: